viernes, 24 de abril de 2020

Móvete connosco na casa

O sedentarismo é unha pandemia cuxos efectos se incrementan nestes tempos de confinamento. 
A actividade física e as técnicas de relaxación poden ser ferramentas útiles para axudar a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.
Por iso é fundamental que, nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia  Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades  motrices e  coordinativas.
Perante esta situación, a Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos.
Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.
Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.


Fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa


miércoles, 22 de abril de 2020

Todo o día na casiña...


Espero que disfrutedes deste vídeo... unha aperta a distancia!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP RABADEIRA.

viernes, 10 de abril de 2020

Letras Galegas 2020

Este ano o día das Letras Galegas adícanse a Ricardo Carvalho Calero.




Velaquí un pequeno resumo da súa vida e obra: Carvalho Calero


Foi escritor, filólogo e lingüista e naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1920.
Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Asociación Galega da Lingua...e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

Do seu traballo literario cabe destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro, así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa.
Faleceu en SAntiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.

Para ver se estivéchedes atentos ao arriba indicado velaquí un pequeno cuestionario e uns marcapáxinas que podedes facer para seguir lendo na nosa lingua.

LETRAS GALEGAS 2020



DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...