miércoles, 31 de enero de 2024

Mandas do MECO

 Chega o Entroido á Rabadeira e velaquí tedes as mandas do Meco.




Día da paz

 O 30 de xaneiro celebramos no cole o Día escolar da non violencia e a paz. As nenas e nenos pintaron pedras con mensaxes de paz. As levaron ás rúas e as colocaron, simbolizando un camiño de paz, pola infancia vítima das guerras.

 









miércoles, 24 de enero de 2024

ANXO MOURE

Dende Chantada chegou ao cole, montado no seu patinete ecolóxico, Anxo Moure. Trouxo un proxecto moi fermoso vinculado á educación, "Zapatiños de cartón", agasallando a cada clase cun zapatiño de cartón. Co seu amor pola natureza, nos ensinou a protexer os ríos e os bosques do lixo, nun ambiente cómico cheo de gargalladas e música.




Tamén asinou o libro de visitas da biblioteca e os seus libros cunha dedicatoria. Grazas Anxo, ata pronto!






DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...