O alumnado de 2º de primaria tivo a enorme sorte de poder asistir a unha das múltiples actividades en galego propostas polo Concello de Oleiros. Desta volta fomos a un contacontos de Ramiro Neira que fixo que grandes e pequenos puideran disfrutar e rir coas súas historias:
Ramiro falounos da importancia que teñen os avós nas nosas vidas recordando todas as magníficas historias que podemos pasar a carón deles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario