viernes, 31 de marzo de 2023

ACTIVIDADES NORMALIZACIÓN-CONCELLO DE OLEIROS

Durante o mes de marzo tivemos unha chea de actividades coa rapazada do cole. 
O alumnado de infantil e 1º e 2º disfrutaron co concerto de Pakolas "Cores, Contos e Rock'n'Roll coa Ramona pequena". Un espectáculo onde a interacción coas nenas e nenos, a súa musica acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero foron o principal atractivo. Foi un espectáculo para todos os sentidos: 




 O día 30 de Marzo a rapazada de primaria foron a ver a obra de teatro HUGO ao teatro de Mera:


Con esta obra aprendemos que ser diferentes é moi grande e iso unímolo ao lema nacional "llamémoslo por su nombre". Moitísimas grazas os Náufragos Teatro e ao Concello de Oleiros por permitirnos coñecer a Hugo e contribuír á sensibilización e visibilización do Trastorno do Espectro Autista (TEA) a través dunha fantástica representación teatral chea de empatía e sensibilidade.

Esta obra de teatro foi galardoado como o mellor espectáculo infantil na XXVI edición dos Premiso de teatro María Casares 2022.

Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e coidar das súas plantas. Hugo ten TEA. Hugo fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferenza. SER DIFERENTES FAINOS GRANDES.














No hay comentarios:

Publicar un comentario

DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...