lunes, 6 de noviembre de 2023
SAMAÍN E MAGOSTO 2023
Este ano festexamos, o mesmo día, os tan esperados Samaín e Magosto. O Equipo da Biblioteca expuxo contos en galego do Samaín.
As nenas e nenos trouxeron unhas magníficas cabazas coa temática do PDI "50 anos na Rabadeira".
Entre todo o colexio fixemos un conto terrorífico de Samaín, onde a bruxa non podía faltar, vampiros, árbores faladoras, zombis, lobos, ata aparecen antigas profes. Foi interpretado por algúns nenos e nenas de 6ºA e 5ºB. Moitas grazas rapazas e rapaces o fixéchedes de marabilla.
A continuación degustamos unhas ricas castañas e as nosas pandereiteiras cantaron a canción "O Magosto" do libro 13 lúas. Grazas rapazas.
E para rematar a mañá bailamos a canción de Uxía Lambona "O Outono" preparada polas mestras de música. Unha xornada estupenda.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
DIA DE ROSALIA
Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...
-
O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º Nivel de Educación Primaria participou no Correlingua 2023 facendo unha andaina de 4 kilómetros dende o Estad...
-
Velaquí un novo número da nosa revista. Sementeira nº 35 xa!
-
No cole non paramos de celebrar...e a semana das Letras estamos a facer unha chea de cousas...comezando con actuacións dos nenos no co...
No hay comentarios:
Publicar un comentario