domingo, 25 de noviembre de 2018
domingo, 18 de noviembre de 2018
CONCURSO CONCELLO DE OLEIROS
Dende o Concello de Oleiros envíannnos as Bases do V Premio Literario Descubrindo Oleiros, como cada
ano solicitan a nosa colaboración para darlle difusión entre o
alumnado e de ser posible colaboremos na recollida dos relatos. Velaquí a información:
Bases
do V Premio Literario Descubrindo
Oleiros
O
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros
convoca o Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que
busca poñer en común promover a lingua e dar a coñecer o
municipio.
1.
Participantes
Poderán
concorrer a este premio todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e
6º de primaria e de ESO empadroados/as no Concello de Oleiros e
sempre que os relatos presentados se axusten ao especificado nestas
bases.
Establécense
catro categorías atendendo ao curso ao que pertenza cada
participante:
-
Categoría 1: 3º e 4º de primaria
-
Categoría 2: 5º e 6º de primaria
-
Categoría 3: 1º e 2º de ESO
-
Categoría 4: 3º e 4º de ESO
2.
Obras: temática e formato
Os
relatos estarán ambientados necesariamente en Oleiros e escritos en
lingua galega. Deben ser inéditos e que non fosen premiados en
ningún outro concurso e non estean pendentes de fallo noutros
premios. Presentaranse co título orixinal e un pseudónimo, sen
ningún dato que revele a identidade do autor ou autora.
Os
textos que concorran ao concurso presentaranse manuscritos ou
mecanografados, perfectamente lexibles, escritos a unha soa cara e
cunha extensión de 1 a 3 páxinas en A4, fonte arial 12, a dobre
espazo, que poderán partir ou ir acompañados de fotografías,
debuxos, ilustracións ou calquera imaxe do concello que poida ser
suxerinte para o autor ou autora.
3.
Documentación a presentar
Os
traballos presentaranse nun sobre grande co título do relato, no
interior ademais do texto incluirase dentro un sobre pequeno pechado,
que só teña escrito o título da obra escrito por fóra. O sobre
pequeno conterá no seu interior unha breve nota biográfica do autor
ou autora (nome e apelidos, enderezo, teléfono, enderezo
electrónico, curso e centro educativo ao que pertence) e a fotocopia
do documento acreditativo de identidade (fotocopia do DNI, pasaporte
ou documento de identidade equivalente no caso de telo).
4.
Lugar e prazo de presentación
A
obra acompañada polo sobre presentarase en cada centro de ensino ou
dirixirase ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de
Oleiros sito na Fábrica, rúa do Inglés, nº 13, 15172,
Perillo-Oleiros.
O
prazo de presentación finalizará o 15 de decembro de 2018.
5.
Constitución do xurado e fallo
O
xurado estará formado por persoal do Concello relacionado coa
cultura, a literatura e a lingua e poderán contar co apoio de
persoas especializadas.
Presidenta:
concelleira delegada de Cultura e Normalización Lingüística
Secretaria:
técnica de normalización lingüística
Vogais:
unha persoa especializada en Lingua e Literatura galega
O
seu fallo será inapelable e farase público no mes de febreiro de
2019.
O
xurado reserva o dereito de declarar deserto calquera dos premios,
así como conceder algún accésit en caso de empate.
6.
Premio
Outorgarase
un premio por cada categoría. Os premios que se concedan serán
artigos electrónicos que promovan a creatividade das rapazas e dos
rapaces.
Os
traballos presentados quedarán en propiedade da Concellería de
Cultura e Normalización Lingüística para a súa posible
publicación, citando sempre a autoría de cada un deles.
7.
Aceptación das bases
A
presentación a este concurso literario supón a aceptación das
presentes bases.
8.
Protección de datos
De
conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección
de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na
tramitación desta convocatoria, cuxo tratamento e publicación
autoricen os pais, nais e titores/as legais das persoas interesadas
mediante a presentación da súa obra, serán tratados co obxecto de
xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas
interesadas sobre o seu desenvolvemento.
No
caso de querer rectificar ou cancelar os ditos datos poderanse poñer
en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de
Oleiros mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo:
rúa do Inglés, 13, Perillo, CP 15172 Oleiros
miércoles, 7 de noviembre de 2018
GAÑADORES CONCURSO DE CABAZAS
Debido a alerta meteorolóxica da Xunta suspéndese o Magosto programado para o día 9 de Novembro. A entrega de premios das Cabazas farase no momento que se celebre o Magosto que se prevé para a próxima semana.
Dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega agradecemos a grande participación que tivo o concurso e esperamos continuar con forza e ánimo o traballo.
Dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega agradecemos a grande participación que tivo o concurso e esperamos continuar con forza e ánimo o traballo.
En infantil a decisión era tan difícil que haberá un premio por aula.
En Primaria ampliamos as categorías. Lista de gañadores de Educación Primaria por categorías:
A CABAZA MÁIS GRACIOSA:
- Iria (1º A).
- Asier (3º C).
- Martín (6ºA).
A CABAZA MÁIS ORIXINAL:
- Daniela (3º B).
- Lucía (4º B)
- Pedro (2º B)
A CABAZA MÁIS ELABORADA:
- Ainhara (5º A).
- Catalina (2º A).
- Adela (3º B).
A CABAZA MÁIS TERRORÍFICA:
- Sophía (3º B).
- Lucía (2º B)
- Aarón (4º A)
jueves, 1 de noviembre de 2018
SAMAÍN 2018
Este curso 2018/2019 empezándolo con ganas de traballar, e menuda armamos...con este concurso de cabazas comenzaremos unha tradición que vimos que vos animou moitísimo!!
Velaquí unha pequena mostra das cabazas que trouxéchedes para o concurso. Dicir que temos un gran dilema coa lista dos gañadores, xa que o nivel foi moi alto...e aquí nos tedes nesta ponte deliberando....pronto diremos o resultado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
ASALTOS DE ROSALIA
Para conmemorar o Día de Rosalía, esta semana leváronse a cabo asaltos. Consistiron en que cada ciclo preparou un poema ou unha canción de R...

-
Por fin chegou o tan desexado Samaín e Magosto ao noso colexio. O luns 28, martes 29 e mércores 30, o alumnado pasou por quendas por a ...
-
Unidades didácticas e xogos para traballar o entroido. Descargar documento Descargar documento Descargar documento Descargar documento ...