viernes, 21 de abril de 2023

Música en Galego

      Na xornada de hoxe o alumnado de 6º nivel de Educación primaria gozou da actuación do CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO, grupo de música tradicional. Moitas grazas por tan fermosa actividade!





viernes, 14 de abril de 2023

Obradoiro de Música e Arte con Martín Códax

     Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros propuxéronons un obradoiro sobre Música e Arte con Martín Códax: unha sinxela introdución á lírica galego-portuguesa medieval con especial atención á Cantiga de Amigo de Martín Códax, autor que é homenaxeado neste ano 2023 no día das Artes Galegas. 

     Velaquí unha proba do traballo feito polas nenas e nenos de 6º de EI e de 1º e 2º de EP no que cada un ilustrou o seu Pergamiño Vindel!

lunes, 10 de abril de 2023

Letras Galegas 2023-Francisco Fernández del Riego

Quen era?

    Francisco Fernández del Riego, naceu na localidade luguesa de Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913 e faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.
    Publicou cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín, traballando, desde os anos 30, a prol da cultura galega.
    Foi un dos creadores da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números.
    Presidiu a Real Academia Galega de 1997 a 2001.
    O 9 de xullo de 2022, o plenario da RAG acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023.

Biografía en formato Cronolóxico:

Pincha aquí para ver a súa biografía cronolóxica.

Arquivos para imprimir e traballar o autor:

        Coma tódolos anos o Seminario Galán ofrécenos un material para imprimir e traballar este autor. Pincha neste enlace para poder seleccionar o que máis che guste.


Obras e fotografías de Francisco Fernández del Riego:

Obras.

Fotografías.


Documentos para imprimir de Francisco Fernández del Riego.

DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...