miércoles, 30 de octubre de 2019

Cabazas Concurso

    Dende o equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do cole, e de todo o profesorado en xeral , queremos agradecer a grande participación no Concurso de Cabazas... 
      Temos unha decisión difícil que tomar xa que fixéchedes un traballo estupendo...deliberaremos nesta ponte e daremos os premiados a próxima semana...vémonos no Magosto!!
       Velaquí unha mostra das magníficas Cabazas presentadas:






































martes, 15 de octubre de 2019

II CERTAME CONCURSO CABAZAS


Dende o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega
convócase o 2º Certame do Concurso de
Cabazas do CEIP Plurilingüe da Rabadeira de Oleiros.



Este curso académico a temática será “Cabazas de Conto”.
As Cabazas deberán estar inspiradas en contos e deberán vir debidamente etiquetadas:

  • con título do conto que representan
  • curso e
  • nome do alumno/a. 
Só poderán traer cabazas os días 28, 29 e 30 de Outubro,
debendo levalas para a casa o día 30 (recolleranas a última hora ese día).
Haberá 3 premios:
        • A cabaza máis terrorífica.

        • A cabaza máis orixinal.

        • A cabaza máis elaborada


FELIZ SAMAÍN


Moitas grazas pola vosa colaboración
As coordinadoras de Biblioteca e Dinamización

DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...