viernes, 31 de marzo de 2023

ACTIVIDADES NORMALIZACIÓN-CONCELLO DE OLEIROS

Durante o mes de marzo tivemos unha chea de actividades coa rapazada do cole. 
O alumnado de infantil e 1º e 2º disfrutaron co concerto de Pakolas "Cores, Contos e Rock'n'Roll coa Ramona pequena". Un espectáculo onde a interacción coas nenas e nenos, a súa musica acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero foron o principal atractivo. Foi un espectáculo para todos os sentidos: 




 O día 30 de Marzo a rapazada de primaria foron a ver a obra de teatro HUGO ao teatro de Mera:


Con esta obra aprendemos que ser diferentes é moi grande e iso unímolo ao lema nacional "llamémoslo por su nombre". Moitísimas grazas os Náufragos Teatro e ao Concello de Oleiros por permitirnos coñecer a Hugo e contribuír á sensibilización e visibilización do Trastorno do Espectro Autista (TEA) a través dunha fantástica representación teatral chea de empatía e sensibilidade.

Esta obra de teatro foi galardoado como o mellor espectáculo infantil na XXVI edición dos Premiso de teatro María Casares 2022.

Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e coidar das súas plantas. Hugo ten TEA. Hugo fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferenza. SER DIFERENTES FAINOS GRANDES.














jueves, 23 de marzo de 2023

Gañadora Concurso Literario Descubrindo Oleiros


     Parabéns a Zoe, de 4º EP, que resultou gañadora na primeira categoría do IX Premio Literario Descubrindo Oleiros co seu relato As fadas da luz. Felicidades a todas/os as/os galardoadas/os e participantes e ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello pola iniciativa.


WEB CONCELLO OLEIROS


lunes, 13 de marzo de 2023

Día da Arte Galega 1 de Abril

     Compartimos por esta canle recursos, elaborados por varios centros coruñeses, para a celebración o día 1º de abril do día Das Artes Galegas, dedicado este ano a Martín Códax:



miércoles, 8 de marzo de 2023

8-M DÍA DA MULLER

      O 8 de Marzo está moi presente no traballo no aula coas nenas e nenos.

     Este ano o alumnado de 5º e 6º participou na campaña organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros con motivo do 8M. Parabéns a Mateo Benedet Pérez e a todas/os as/os participantes, que xa teñen as mochilas e os adhesivos cos lemas gañadores:

"A igualdade non é só para a metade"







     Tamén se sumou a nosa Radio escolar á conmemoración:

RADIO ESCOLAR - 8M


     Nas aulas tamén se fixeron actividades para conmemorar o día da muller:





lunes, 6 de marzo de 2023

Actividades Biblioteca Oleiros-Concello Oleiros

     

      Esta semana comezamos as visitas á Biblioteca de Oleiros para participar nas actividades de fomento da lectura organizadas polo Concello.

     Da man de Pablo Díaz, varios grupos do cole reflexionaron sobre o respecto e a igualdade de oportunidades a través dos contos e da música co seu espectáculo “Contando números, cantando cores”.






DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...