viernes, 23 de febrero de 2024

DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa.

Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó moucho" e cada aula decorou un moucho.





O Equipo de patios nos recreos fará unha xincana do poema da escritora, cun tesouro escondido...


Propuxéronse talleres na biblioteca para os momentos do recreo.



Decoramos os corredores con murais, mouchos...





E tamén agasallamos aos catro coles do Concello de Oleiros cun moucho e o poema.



Dende a radio os nenos e nenas de 6º EP recitaron un fragmento do poema de Rosalía, logo todos xuntos no patio bailamos a canción do moucho de Migallas e para rematar colocamos os mouchos. E así de alegre quedou o campo do cole.










domingo, 4 de febrero de 2024

DANZACONTOS: Historias en movemento

 O alumnado de Educación Infantil recibiu na aula de psicomotricidade a Pinga Pingona, unha espelida pinga de auga da chuvia, que fai unha parada no seu camiño desde as nubes ao mar, para axudar o Polbo Xan. Os nenos e nenas gozaron converténdose en mar, chuvia, animais e bosques, a través da danza, a lingua e a música. Grazas ao Concello polo espectáculo.






DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...