Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa.
Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó moucho" e cada aula decorou un moucho.
Propuxéronse talleres na biblioteca para os momentos do recreo.
Decoramos os corredores con murais, mouchos...
E tamén agasallamos aos catro coles do Concello de Oleiros cun moucho e o poema.
Dende a radio os nenos e nenas de 6º EP recitaron un fragmento do poema de Rosalía, logo todos xuntos no patio bailamos a canción do moucho de Migallas e para rematar colocamos os mouchos. E así de alegre quedou o campo do cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario