lunes, 6 de noviembre de 2023

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

Este ano festexamos, o mesmo día, os tan esperados Samaín e Magosto. O Equipo da Biblioteca expuxo contos en galego do Samaín.
As nenas e nenos trouxeron unhas magníficas cabazas coa temática do PDI "50 anos na Rabadeira".
Entre todo o colexio fixemos un conto terrorífico de Samaín, onde a bruxa non podía faltar, vampiros, árbores faladoras, zombis, lobos, ata aparecen antigas profes. Foi interpretado por algúns nenos e nenas de 6ºA e 5ºB. Moitas grazas rapazas e rapaces o fixéchedes de marabilla.
A continuación degustamos unhas ricas castañas e as nosas pandereiteiras cantaron a canción "O Magosto" do libro 13 lúas. Grazas rapazas.
E para rematar a mañá bailamos a canción de Uxía Lambona "O Outono" preparada polas mestras de música. Unha xornada estupenda.

DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...