lunes, 6 de noviembre de 2023
SAMAÍN E MAGOSTO 2023
Este ano festexamos, o mesmo día, os tan esperados Samaín e Magosto. O Equipo da Biblioteca expuxo contos en galego do Samaín.
As nenas e nenos trouxeron unhas magníficas cabazas coa temática do PDI "50 anos na Rabadeira".
Entre todo o colexio fixemos un conto terrorífico de Samaín, onde a bruxa non podía faltar, vampiros, árbores faladoras, zombis, lobos, ata aparecen antigas profes. Foi interpretado por algúns nenos e nenas de 6ºA e 5ºB. Moitas grazas rapazas e rapaces o fixéchedes de marabilla.
A continuación degustamos unhas ricas castañas e as nosas pandereiteiras cantaron a canción "O Magosto" do libro 13 lúas. Grazas rapazas.
E para rematar a mañá bailamos a canción de Uxía Lambona "O Outono" preparada polas mestras de música. Unha xornada estupenda.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
TEATRO
O alumnado disfrutou moito coa obra de teatro "A illa sen tesouro" da compañía Ghazafelhos. Unha aventura de piratas con música, ...
-
REVISTA SEMENTEIRA 2025 Descargar documento
-
No concurso literario "Descubrindo Oleiros" gañou o noso alumno de 4º EP, Pedro Vilela, cun relato ambientado en Oleiros escrito ...
















No hay comentarios:
Publicar un comentario