Comezamos a semana con quendas para asistir á "Gruta do Samaín", onde o alumnado e as familias colaboraron coas súas artísticas cabazas.
Primeiro, ao chegar á Gruta, escoitamos a orixe e historia do Samaín.
Despois E.Infantil viron un Kamishibai titulado "A bruxa Maruxa", un conto, gañador no concurso de relatos do Concello de Oleiros, do noso alumno Pedro Vilela. Adaptado polo alumnado de 5ºA.
Os grupos de 2º e 3º EPrimaria disfrutaron da obra de teatro "A figueira de Pelostortos" protagonizada por nenos e nenas de 6ºB.
O alumnado de 1º e 4º E.Primaria viron unha gravación da obra "Indo para o Samaín"do alumnado de 5ºB.
E 5º e 6º E.Primaria con relatos de medo.
O mestre de música, Jorge, preparou esta lenda cos nenos/as de 6ºB
As portas e os corredores do colexio enchéronse de caveiras, cabazas e pantasmas.
Foi un Samaín terrorificamente divertido.






.jpg)















No hay comentarios:
Publicar un comentario