martes, 26 de febrero de 2019

Contacontos na Biblioteca de Oleiros

     O alumnado de 2º de primaria tivo a enorme sorte de poder asistir a unha das múltiples actividades en galego propostas polo Concello de Oleiros. Desta volta fomos a un contacontos de Ramiro Neira que fixo que grandes e pequenos puideran disfrutar e rir coas súas historias:








      Ramiro falounos da importancia que teñen os avós nas nosas vidas recordando todas as magníficas historias que podemos pasar a carón deles.


sábado, 23 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 24 DE FEBREIRO

      No Ceip Plurilingüe da Rabadeira celebramos o día de Rosalía de Castro, no día 24 de febreiro celébrase o 182 aniversario do nacemento da ilustre escritora.

     Para iso fixemos varios traballos de clase ademáis dunha exposición sobre a escritora. Velaquí a mostra:




     Por outra banda estamos traballando nunha exposición sobre mulleres na historia na que a nosa escritora tamén aparece...próximamente poñeremos o resultado dese traballo.





viernes, 22 de febrero de 2019

MANDAS DO MECO


   Luns 25 de febreiro
o entroido comeza,
Todos viremos
Con algo na cabeza



   Martes 26 de febreiro
non deixamos de inventar...
e un zapato diferente
en cada pé habemos calzar.




  Mércores 27 de febreiro
no medio da semana
e co pixama posto
viremos todos da cama.



  Xoves 28 de febreiro
se no cole queres entrar
disfrázate do que queiras
e así poderás pasar.



  CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 75
Venres 1 de Marzo
animais seremos
e con moita xolda
nos divertiremos.

DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...