miércoles, 15 de abril de 2026

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026: Begoña Caamaño

 



Este ano a homenaxeada o Días das Letras Galegas é a viguesa Begoña Caamaño. Foi xornalista e traballou na Radio Galega moitos anos. Muller feminista que respetaba a diversidade de xénero e todos os xeitos de amar, a súa traxectoria estivo marcada pola defensa da igualdade. Encantáballe a mitoloxía clásica, pero vendo que nesas historias as mulleres eran as malas ou non tiñan protagonismo, decidiu darlle a volta ás historias e poñelas como intelixentes, valentes e e nun papel principal. Así escriveu "Morgana en Esmelle" e " Circe ou o pracer do azul".

A través da sororidade creou unha rede de amizades que foi primordial para na súa vida. Dicía: "Para min a amizade é todo. Constitúe a forma máis pura de amor".

Begoña falaba e defendía o galego como lingua propia de persoas que pertenecemos a unha cultura, usándoo como ferramenta de prestixio para demostrar que con el se pode facer xornalismo de primeira e literatura marabillosa. Grazas por regalarnos historias tan bonitas.

Velaquí o enlace do Seminario Galán para traballar o Día das Letras Galegas 2026:

http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos/

viernes, 10 de abril de 2026

Premio literario Descubrindo Oleiros

 Este ano contamos con un gañador do noso colexio no XII concurso literario do concello "Descubrindo Oleiros". Parabéns a Luca Calvo Vázquez, de 4ºEP,  polo seu relato "O vello e os nenos". Con este premio o Concello pretende fomentar o uso da lingua galega e dar a coñecer o municipio, así como promover a creatividade do alumnado oleirense.

Obra de teatro BULEBULE

 Onte, os nenos e nenas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de EP, asistiron á obra de teatro "Bulebule" no auditorio de Mera. Unha fermosa obra que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrumbar barreiras que lles impiden acceder a algunhas profesións, coma neste caso ser patroa de barco.











DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026: Begoña Caamaño

  Este ano a homenaxeada o Días das Letras Galegas é a viguesa Begoña Caamaño. Foi xornalista e traballou na Radio Galega moitos anos. Mulle...