A través da sororidade creou unha rede de amizades que foi primordial para na súa vida. Dicía: "Para min a amizade é todo. Constitúe a forma máis pura de amor".
Begoña falaba e defendía o galego como lingua propia de persoas que pertenecemos a unha cultura, usándoo como ferramenta de prestixio para demostrar que con el se pode facer xornalismo de primeira e literatura marabillosa. Grazas por regalarnos historias tan bonitas.
Velaquí o enlace do Seminario Galán para traballar o Día das Letras Galegas 2026:
http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos/
Durante esta semana alumnas de 5ºEP fixeron un contacontos da vida de Begoña Caamaño, un grupo para EI e outro de 1º a 4ºEP.





No hay comentarios:
Publicar un comentario