jueves, 5 de marzo de 2026

DÍA DE ROSALÍA

 Para festexar o Día de Rosalía durante a semana do 23 de febreiro realizamos un concurso de poesía titulado "Rabadeira con Rosalía". Anunciose polas aulas, con carteis e na casa. Moitas gracias pola colaboración.



O concurso tivo moito éxito con 49 participantes. O venres pola radio Rabadeira anunciaron os gañadores por niveis, 14 gañadores. O luns 3 nenas de 6º  entrevistaron a algúns pola radio. Todos os participantes recibiron un pequeno agasallo e os gañadores recibirán unha medalla de Rosalía o Día das Letras Galegas, onde volverán a recitar.








Outra actividade foi versionar o poema "Adiós ríos, adiós fontes", cada aula versionou unha estrofa
acompañándoo dun debuxo. 





Dicionario oleirense

Este ano rematamos entre todo o cole o "Dicionario oleirense" cheo de palabras galegas que transmiten a maxia, a dozura e o valor ...