Para festexar o Día de Rosalía durante a semana do 23 de febreiro realizamos un concurso de poesía titulado "Rabadeira con Rosalía". Anunciose polas aulas, con carteis e na casa. Moitas gracias pola colaboración.
O concurso tivo moito éxito con 49 participantes. O venres pola radio Rabadeira anunciaron os gañadores por niveis, 14 gañadores. O luns 3 nenas de 6º entrevistaron a algúns pola radio. Todos os participantes recibiron un pequeno agasallo e os gañadores recibirán unha medalla de Rosalía o Día das Letras Galegas, onde volverán a recitar.








No hay comentarios:
Publicar un comentario