miércoles, 25 de marzo de 2020

PROPOSTAS EN GALEGO



Dende a Coordinadora territorial dos EDLG da provincia da Coruña envíannos 
diferentes traballos que poden axudarnos neste confinamento.


A  SXPL, coa colaboración da CRTVG,  vos fornece de actividades lúdicas
especialmente dirixidas ao alumnado máis novo.
Trátase das curtas de animación do Programa Nós tamén creamos!
que podedes atopar na aplicación do Xabarín Club:


Por outra banda, a organización do certame Olloboi 2020 acaba de convocar unha nova categoría,
 Olloboi COVIDeo Doméstico, á que poderán presentarse vídeos gravados desde os fogares.
O curso Aprendo con Olloboi (https://blog.olloboi.com/aprendo-con-olloboi/) pode ser de 
moita axuda para realizar este traballo. 
Atoparedes máis información en https://www.olloboi.com/olloboi-codvideo/.
Alén das actuacións anteriores, cómpre destacar Aulas Galegas, 
un portal educativo no que un grupo de docentes pon á disposición de toda a comunidade escolar 
recursos didácticos e de lecer da maioría das materias curriculares, todos en galego.
Podedes consultalos na seguinte ligazón:
Fantásticas iniciativas!!


martes, 24 de marzo de 2020

Actividades Normalización-Coruña

O equipo de Normalización do concello da Coruña propónvos unha chea de actividades para esta cuarentena con directos con un montón de personaxes que xa coñecedes: 


Tamén podedes ver actuacións no seu ínstagram:


Disfrutádeos!

lunes, 23 de marzo de 2020

Webs Galegas con actividades para facer dende casa

QUE PODEMOS FACER DENDE A CASA?


     Algunha web foi colgando actividades para facer dende a casa. Aquí tedes as que nos pareceron mais interesantes:





Para os máis pequechos aquí vos propoñemos unhas actividades xeniais dun "MAESTRO_ENCUARENTENA" con un capítulo cada día para facer actividades moi divertidas

Un pouco de exercicio tampouco ven mal, non deixedes de entrar no blogue dos profes de Educación Física do cole para non deixar de facer exercicio!


Veña que pronto nos veremos!! Unha aperta e QUEDADE NA CASA!






domingo, 22 de marzo de 2020

CRTVG-Apoio educativo para aprender NA CASA

A CRTVG emitirá de luns a venres, pola G2, un bloque educativo para apoiar os estudantes galegos

En colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a  iniciativa busca facilitar un complemento educativo aos contidos que os alumnos reciben dos centros de ensino .

A Televisión de Galicia vai emitir, desde o luns e pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas, este bloque emitirase mentres os centros escolares permanecen pechados atendendo as restricións para loitar contra coronavirus. Esta medida foi aprobada este sábado polo Centro de Coordinación Operativa establecido en Galicia para tratar a emerxencia.
Deste xeito, os medios públicos galegos facilitarán aos estudantes unha nova vía para recibir contidos complementarios aos que reciben dos seus centros. En colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a iniciativa arranca cunha variada oferta de programas en áreas tan diversas coma a xeoloxía, a historia, a experimentación ou o mundo animal, e que se irá ampliando con achegas do sistema educativo galego.
Deste xeito, divulgarase o programa “Xeoclip”, creado por docentes e no que se abordan temas incluídos nos currículos de Xeoloxía e Bioloxía e de Xeografía e Historia. Trátase dun espazo destinado especialmente a alumnado de Secundaria e de Bacharelato, que explica de maneira sinxela e atractiva o que agocha a xeoloxía galega e permite ademais descubrir a riqueza paisaxística da Comunidade.
Outra das apostas didácticas é “Aquelando tamén quedamos na casa”, unha versión do programa de divulgación científica “Aquelando”, creada para as actuais circunstancias de estadía nos fogares. Con el búscase que a rapazada aprenda de xeito entretido, con explicacións, experimentos e trucos nos que se manexan conceptos e ideas de todas as materias que se poden atopar nos diferentes ciclos educativos.
Os pequenos poderán gozar tamén das clásicas series divulgativas de animación como “Era unha vez... o home” e “Era unha vez... os exploradores”, creadas por Albert Barillé e nas que se aborda a historia da humanidade e dos grandes descubrimentos xeográficos. Pola súa banda, o programa “Criaturas”, achegaralle ao público máis novo o medio natural e os animais desde diversas perspectivas, como a relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, doenzas ou o labor que desenvolven os veterinarios, entre outras.

lunes, 9 de marzo de 2020


MULLERES GALEGAS NA ÉLITE DO DEPORTE


Velaquí unha mostra da súper exposición que temos no cole sobre AS MULLERES GALEGAS NA ÉLITE DO DEPORTE...Canto aprendemos!! E qué cantidade de mulleres importantes temos no deporte.









MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR E POR VIR A FACERNOS DEMOSTRACIÓN!

miércoles, 4 de marzo de 2020

Sofía Toro saúda ao noso colexio

Sofía Toro non puido acudir ao Rabadeira para comentarnos a súa vida deportiva no mundo da vela. Pero déixanos aquí un saúdo esta medallista de ouro nos Xogos Olímpicos de Londres 2012


DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...