miércoles, 25 de marzo de 2020

PROPOSTAS EN GALEGO



Dende a Coordinadora territorial dos EDLG da provincia da Coruña envíannos 
diferentes traballos que poden axudarnos neste confinamento.


A  SXPL, coa colaboración da CRTVG,  vos fornece de actividades lúdicas
especialmente dirixidas ao alumnado máis novo.
Trátase das curtas de animación do Programa Nós tamén creamos!
que podedes atopar na aplicación do Xabarín Club:


Por outra banda, a organización do certame Olloboi 2020 acaba de convocar unha nova categoría,
 Olloboi COVIDeo Doméstico, á que poderán presentarse vídeos gravados desde os fogares.
O curso Aprendo con Olloboi (https://blog.olloboi.com/aprendo-con-olloboi/) pode ser de 
moita axuda para realizar este traballo. 
Atoparedes máis información en https://www.olloboi.com/olloboi-codvideo/.
Alén das actuacións anteriores, cómpre destacar Aulas Galegas, 
un portal educativo no que un grupo de docentes pon á disposición de toda a comunidade escolar 
recursos didácticos e de lecer da maioría das materias curriculares, todos en galego.
Podedes consultalos na seguinte ligazón:
Fantásticas iniciativas!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...