Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º EP son os ancargados este ano do coidado do noso horto. Contamos cos monitores e monitoras do concello, coas súas explicacións teóricas e prácticas para asesorarnos no tocante a todo o tema horticultor, ademáis enfocamos este traballo recoñecendo os vocablos propios da horta, os alimentos a cultivar…empregando e coñecendo a nosa lingua, así coma as variantes de vocablos dependendo das zonas. Velaquí plantando unhas berenxenas e unhas cabazas e regando as preciosas leitugas.
miércoles, 10 de junio de 2026
8M
O alumnado de 5º e 6º de EP participaron na actividade do concello polo 8M, no que cada neno/a presentou un lema que podía ir acompañado dun debuxo. A alumna de 6ºB, Valeria Rostro, gañou co lema:
"ROMPAMOS O TEITO DE CRISTAL"
O Cocello de Oleiros agasallounos con bolsas de tea para todo o alumnado participante, co lema de Valeria.
martes, 9 de junio de 2026
miércoles, 3 de junio de 2026
Dicionario oleirense
miércoles, 20 de mayo de 2026
Concerto de pais
A semana pasada, tres pais de alumnos de educación infantil do cole, nos acompañaron nunha xornada chea de música. Coa guitarra, o caixón de percusión e a gaita, encheron a aula de acordes, cancións tradicionais moi coñecidas como "A saia de Carolina" e "O tren" e ritmos que nos fixeron imposible quedarnos quedos. Queremos dar as grazas por dedicar o seu tempo e regalarnos esta experiencia tan enriquecedora.
lunes, 18 de mayo de 2026
DÍA DAS LETRAS GALEGAS E MAIOS
O venres o noso colexio encheuse de música, tradición e lingua, nunha xornada única para festexar os Maios e o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Begoña Caamaño. O pavillón vibrou cos ritmos do acordeón, a gaita e as pandeiretas. O alumnado danzou e cantou coplas creadas por eles mesmos. O momento estelar foi a Danza das Fitas, onde trenzaron os lazos de cores simbolizando a benvida da primaveira. Para rematar, unha mamá dun neno de infantil, Ana Cibreiro, deleitounos coa súa música galega e o alumnado de sexto a entrevistaron na radio.
e o "Himno galego".
martes, 12 de mayo de 2026
Regueifas 2026
Hoxe o alumnado de 5º e 6º de EP participaron nun obradoiro de Regueifas, traballando de xeito lúdico a expresión oral en verso con achegas do rap. Todo unha experiencia para achegarnos á cultura galega.
A NOSA HORTA
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º EP son os ancargados este ano do coidado do noso horto. C ontamos cos monitores e monitoras do concello, c...
-
Unidades didácticas e xogos para traballar o entroido. Descargar documento Descargar documento Descargar documento Descargar documento ...
-
A finais do mes de outubro celebramos no cole o Samaín. Comezamos a semana con quendas para asistir á "Gruta do Samaín", onde o a...
-
No concurso literario "Descubrindo Oleiros" gañou o noso alumno de 4º EP, Pedro Vilela, cun relato ambientado en Oleiros escrito ...








.jpg)




.jpg)



.jpg)
.jpg)


