Por fin chegou o tan desexado Samaín e Magosto ao noso colexio. O luns 28, martes 29 e mércores 30, o alumnado pasou por quendas por a "Gruta do Samaín" onde un grupo de nenos e nenas de 6ºEP preparou un vídeo da historia do noso Samaín.
Dentro estaban expostas as súas cabazas decoradas coa temática do PDI "A volta ao mundo"
E tamén un relato de medo para os maiores
O mércores degustamos as castañas, despois as rapazas cantareiras de 6ºEP deleitáronnos cunha canción do folclore galego e para rematar todo o colexio bailou a canción do magosto 13 lúas preparado por as mestras e o mestre de música.
Parabéns a todo o alumnado que participou, ensaiando moito, para que fose posible realizar estas xornadas tan marabillosas. Moitas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario