domingo, 18 de noviembre de 2018

CONCURSO CONCELLO DE OLEIROS

Dende o Concello de Oleiros envíannnos as Bases do V Premio Literario Descubrindo Oleiros, como cada ano solicitan a nosa colaboración para darlle difusión entre o alumnado e de ser posible colaboremos na recollida dos relatos. Velaquí a información:

Bases do V Premio Literario Descubrindo Oleiros

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convoca o Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que busca poñer en común promover a lingua e dar a coñecer o municipio.

1. Participantes

Poderán concorrer a este premio todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO empadroados/as no Concello de Oleiros e sempre que os relatos presentados se axusten ao especificado nestas bases.

Establécense catro categorías atendendo ao curso ao que pertenza cada participante:

- Categoría 1: 3º e 4º de primaria
- Categoría 2: 5º e 6º de primaria
- Categoría 3: 1º e 2º de ESO
- Categoría 4: 3º e 4º de ESO

2. Obras: temática e formato

Os relatos estarán ambientados necesariamente en Oleiros e escritos en lingua galega. Deben ser inéditos e que non fosen premiados en ningún outro concurso e non estean pendentes de fallo noutros premios. Presentaranse co título orixinal e un pseudónimo, sen ningún dato que revele a identidade do autor ou autora.

Os textos que concorran ao concurso presentaranse manuscritos ou mecanografados, perfectamente lexibles, escritos a unha soa cara e cunha extensión de 1 a 3 páxinas en A4, fonte arial 12, a dobre espazo, que poderán partir ou ir acompañados de fotografías, debuxos, ilustracións ou calquera imaxe do concello que poida ser suxerinte para o autor ou autora.

3. Documentación a presentar

Os traballos presentaranse nun sobre grande co título do relato, no interior ademais do texto incluirase dentro un sobre pequeno pechado, que só teña escrito o título da obra escrito por fóra. O sobre pequeno conterá no seu interior unha breve nota biográfica do autor ou autora (nome e apelidos, enderezo, teléfono, enderezo electrónico, curso e centro educativo ao que pertence) e a fotocopia do documento acreditativo de identidade (fotocopia do DNI, pasaporte ou documento de identidade equivalente no caso de telo).

4. Lugar e prazo de presentación

A obra acompañada polo sobre presentarase en cada centro de ensino ou dirixirase ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros sito na Fábrica, rúa do Inglés, nº 13, 15172, Perillo-Oleiros.

O prazo de presentación finalizará o 15 de decembro de 2018.

5. Constitución do xurado e fallo

O xurado estará formado por persoal do Concello relacionado coa cultura, a literatura e a lingua e poderán contar co apoio de persoas especializadas.

Presidenta: concelleira delegada de Cultura e Normalización Lingüística
Secretaria: técnica de normalización lingüística
Vogais: unha persoa especializada en Lingua e Literatura galega

O seu fallo será inapelable e farase público no mes de febreiro de 2019.

O xurado reserva o dereito de declarar deserto calquera dos premios, así como conceder algún accésit en caso de empate.

6. Premio

Outorgarase un premio por cada categoría. Os premios que se concedan serán artigos electrónicos que promovan a creatividade das rapazas e dos rapaces.

Os traballos presentados quedarán en propiedade da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística para a súa posible publicación, citando sempre a autoría de cada un deles.

7. Aceptación das bases

A presentación a este concurso literario supón a aceptación das presentes bases.

8. Protección de datos

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta convocatoria, cuxo tratamento e publicación autoricen os pais, nais e titores/as legais das persoas interesadas mediante a presentación da súa obra, serán tratados co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento.

No caso de querer rectificar ou cancelar os ditos datos poderanse poñer en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: rúa do Inglés, 13, Perillo, CP 15172 Oleiros



miércoles, 7 de noviembre de 2018

GAÑADORES CONCURSO DE CABAZAS

      Debido a alerta meteorolóxica da Xunta suspéndese o Magosto programado para o día 9 de Novembro. A entrega de premios das Cabazas farase no momento que se celebre o Magosto que se prevé para a próxima semana.

   Dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega agradecemos a grande participación que tivo o concurso e esperamos continuar con forza e ánimo o traballo.

    En infantil a decisión era tan difícil que haberá un premio por aula.

    En Primaria ampliamos as categorías. Lista de gañadores de Educación Primaria por categorías:

A CABAZA MÁIS GRACIOSA:
  •  Iria (1º A).
  • Asier (3º C).
  • Martín (6ºA).

A CABAZA MÁIS ORIXINAL:
  • Daniela (3º B).
  • Lucía (4º B)
  • Pedro (2º B)

A CABAZA MÁIS ELABORADA:
  • Ainhara (5º A).
  • Catalina (2º A).
  • Adela (3º B).

A CABAZA MÁIS TERRORÍFICA:
  • Sophía (3º B).
  • Lucía (2º B) 
  • Aarón (4º A)
 

     

jueves, 1 de noviembre de 2018

SAMAÍN 2018

    Este curso 2018/2019 empezándolo con ganas de traballar, e menuda armamos...con este concurso de cabazas comenzaremos unha tradición que vimos que vos animou moitísimo!!

    Velaquí unha pequena mostra das cabazas que trouxéchedes para o concurso. Dicir que temos un gran dilema coa lista dos gañadores, xa que o nivel foi moi alto...e aquí nos tedes nesta ponte deliberando....pronto diremos o resultado.




































DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...