miércoles, 21 de diciembre de 2022

Cartas aos Reis Magos-Concurso Dep. Normalización Concello Oleiros

     O alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria, da man de Noelia a mestra de Relixión, participaron no Concurso "Cartas aos Reis Magos" en lingua galega.







     Grazas ao Concello de Oleiros por propoñernos estas actividades e por agradecer a participación no concurso: destacando a creatividade e a visión e a ilusión das crianzas nestas datas e como pano de fondo o interese pola normalización da nosa lingua.

     Felices Festas e Próspero ano 2023!!




jueves, 15 de diciembre de 2022

O APALPADOR NO COLE - GALICIA MEIGA

     Seguindo as múltiples actividades que estamos a facer no centro polo PDI Galicia Meiga e relacionándoo co mes de decembro...veunos a visitar O APALPADOR!!!




      QUE MARABILLOSA APRENDIZAXE!

    Un personaxe realmente auténtico que nos presentou as distintas personaxes do Nadal galego, o pandigueiro das montañas de Ourense, o Apalpador de Lugo...uníndoo coa personaxe do Papá Noel tan coñecida polas nenas e nenos. Tamén falou doutras personaxes da mitoloxía galega e de aspectos da natureza que nos rodea e de amor ás árbores que tanto nos dan.


     Cos seus animaliños e o seu amor pola natureza recordounos importantes cousas a ter en conta desta fermosa terra na que vivimos.










     Tódolas nenas e nenos, dende os máis pequeniños de 4º de Educación Infantil ata os maiores de 6º de Educación Primaria puideron disfrutar de cada unha desas ensinanzas (algunha en clave cómica) coas que moito aprendemos e nos divertimos.











     Pero aquí non só se divertiron os alumnos e alumnas do centro...xa que toda a Comunidade puido gozar dunha xornada de divertimento e de aprendizaxe...todo unido!



Boas Festas familias!!

DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...