Quen era?
Francisco Fernández del Riego, naceu na localidade luguesa de Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913 e faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010. Publicou cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín, traballando, desde os anos 30, a prol da cultura galega. Foi un dos creadores da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Presidiu a Real Academia Galega de 1997 a 2001. O 9 de xullo de 2022, o plenario da RAG acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023.
Biografía en formato Cronolóxico:
Pincha aquí para ver a súa biografía cronolóxica.
Arquivos para imprimir e traballar o autor:
Coma tódolos anos o Seminario Galán ofrécenos un material para imprimir e traballar este autor. Pincha neste enlace para poder seleccionar o que máis che guste.
Obras e fotografías de Francisco Fernández del Riego:
Obras.
Fotografías.
Fonte: Seminario Galán
Documentos para imprimir de Francisco Fernández del Riego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario