Aproveitando fantásticos recursos doutros centros....que marabilloso é o Magosto!
martes, 27 de octubre de 2020
domingo, 25 de octubre de 2020
Super actividades do Samaín!
Para este Samaín marcado pola COVID-19 velaquí unhas tarefas para pasar unha tarde moi entretida...
ACTIVIDADES DO OUTONO
Queridas familias:
Co motivo do Outono e do Samaín queremos propoñervos varias actividades.
Dende os equipos de dinamización da lingua galega, da biblioteca e de actividades complementarias e extraescolares proponse facer a exposición de cabazas dende a casa!! Teredes que decorar a vosa propia cabaza futurista (tema elexido este curso) e mandarlle unha foto da mesma ao voso titor/a, que fará un collage para colgar no blog e que as poidades ver todos/as.
O venres día 30 poderán vir difrazados da casa sempre que non traian complementos que non poidan gardar nas mochilas. Prégase que non traian a cara pintada por ter que poñer as máscaras e que sexa roupa cómoda que permita a súa autonomía.
Do 2 ao 6 de Novembro celebraremos a semana do Magosto e dado que este ano non haberá festa e asado de castañas no centro, por mor da Covid-19, gustaríanos contar coa vosa colaboración para elaborar un "Recetario de outono".
As familias que queiran participar poderán elaborar na casa un receita con produtos típicos desta época (castañas, cabazas, cogumelos...) escribila, fotografiala e mandala aos titores/as ou ao correo de normalización lingüística: dinamizacionrabadeira@gmail.com, co nome do neno/a e o curso.
Nas aulas tamén se traballarán receitas de outono ao longo deses días.
Propoñemos tamén que esa semana traian merendas relacionadas cos produtos de outono.
Grazas pola vosa colaboración!!
jueves, 1 de octubre de 2020
As Letras Galegas da Rabadeira
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparouvos este traballiño para saber moi ben quen foi Carvalho Calero. Esperamos que vos guste tanto como disfrutamos facéndoo. Velaquí o tedes:
Os bolechas...Carvalho Calero
Estamos en vísperas das Letras Galegas, e para prepararnos aquí temos un conto dos nosos amigos Os Bolechas:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
As mandas elixidas son: 8 Febreiro: Pon uns brazaletes espaciais E un robot semellarás 9 Febreiro: A moda do futuro será singular pon cal...
-
O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º Nivel de Educación Primaria participou no Correlingua 2023 facendo unha andaina de 4 kilómetros dende o Estad...
-
Por fin chegou o tan desexado Samaín e Magosto ao noso colexio. O luns 28, martes 29 e mércores 30, o alumnado pasou por quendas por a &quo...