O noso colexio encheuse de grúas polos corredores para conmemorar o Día da paz.
O Premio Nobel da paz 2024 concedeuse a organización xaponesa Nihon Hidakyo, que está formada por supervivintes da bomba atómica de Horoshima e Nagasaki, que adican a súa vida a loitar por un mundo libre de armas nucleares. Con este motivo o cole traballou "a lenda das 1000 grúas" dunha nena que tamén recibiu a radiación da bomba. O alumnado fixo grúas con papiroflexia e colgáronse por todo o cole, para conseguir as 1000 grúas e máis. Ao final conseguíronse 2235 grúas, como símbolo da paz no mundo.