lunes, 19 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS E MAIOS 2025






O venres celebramos no cole o festival do Día das Letras Galegas 2025 e os Maios.

Queremos agradecer especialmente aos  usuarios da Residencia de Maiores de Oleiros, oa grupo "Cantareiros do Naval" e a Pablo Díaz que nos acompañasen no día de Galicia.

Este ano está dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral galega, recoñecendo o papel fundamental das mulleres na creación e transmisión da nosa tradición musical e lingüística. Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira e as Padereiteiras de Mens, Prudencia e Asunción Garrido e Manuela Lema, representan a innumerables cantareiras que ao longo dos séculos, perseveraron e enriqueceron a nosa lingua e cultura a través da poesía e da música popular. A través destas cancións dos maios queremos manter viva esta música popular.

A primeira hora recollimos as flores que trouxeron o alumnado e por quendas foron saíndo os grupos e colocando as flores. E así de colorido quedou o noso Maio. Grazas a todas as familias pola vosa colaboración.






Comezou o festival co alumnado vestido de branco e coas súas coroas florais.

Primeiro comezaron os máis pequenos ca Danza do Camiño de Viseu. Despois os nenos e nenas de primeiro e segundo cantaron e bailaron o Xogo da Carrasquiña. A continuación 3º, 5º, e 6ºEP recitaron unhas coplas que elaboraron do Maio.




Os alumnos e alumnas de cuarto bailaron a Danza das fitas.




Tamén  nos acompañaron o grupo “Cantareiros do Naval” integrado por persoas amantes da música tradicional galega, ao que pertence a nosa alumna Noelia de 4ºEP e os seus avós.



Tres alumnas de 6ºC entrevistaron a Pablo Díaz e despois deleitounos coa súa música galega, con cancións coma "Queremos galego".







                                                        ENTREVISTA PABLO DÍAZ



Un día marabilloso no que os usuarios da Residencia disfrutaron moito.




Grazas a todos e todas por este día de convivencia!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

REVISTA SEMENTEIRA nº37

 REVISTA SEMENTEIRA 2025 Descargar documento