martes, 25 de noviembre de 2025

25N

 Hoxe celebramos o Día internacional contra a violencia de xénero, facendo entre todo o alumnado unhas ás. Baixo o lema "Que non che corten as ás" cada neno/a escribiu unha palabra para evitar a violencia na súa pluma e pegouna no mural.











viernes, 21 de noviembre de 2025

CONTACONTOS

 As nenas de 6ºEP prepararon o contacontos  "Bo camiño, Valentiño!", onde o pingüín Valentiño recorre o Camiño de Santiago ata chegar á catedral.












jueves, 20 de noviembre de 2025

TEATRO DE TÍTERES

 Hoxe no cole, os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de EP, puideron disfrutar da obra de teatro con títeres da compañía Mircromina Teatro de títeres, titulada "Peixe fresco do día". O alumnado descubriu a profesión do mariñeiro e a importancia do coidado do mar.
















martes, 4 de noviembre de 2025

Samaín 2025

A finais do mes de outubro celebramos no cole o Samaín. 
Comezamos a semana con quendas para asistir á "Gruta do Samaín", onde o alumnado e as familias colaboraron coas súas artísticas cabazas. 






Primeiro, ao chegar á Gruta, escoitamos  a orixe e historia do Samaín. 


Despois E.Infantil  viron un Kamishibai titulado "A bruxa Maruxa", un conto, gañador no concurso de relatos do Concello de Oleiros, do noso alumno Pedro Vilela. Adaptado polo alumnado de 5ºA.




Os grupos de 2º e 3º EPrimaria disfrutaron da obra de teatro "A figueira de Pelostortos" protagonizada por nenos e nenas de 6ºB.


O alumnado de 1º e 4º E.Primaria viron unha gravación da obra "Indo para o Samaín"do alumnado de 5ºB.


E 5º e 6º E.Primaria con relatos de medo.


                                                       A LENDA DA SANTA COMPAÑA
O mestre de música, Jorge, preparou esta lenda cos nenos/as de 6ºB


As portas e os corredores do colexio enchéronse de caveiras, cabazas e pantasmas.
Foi un Samaín terrorificamente divertido.








lunes, 3 de noviembre de 2025

Magosto 2025

 Todo o mes de outubro, no recreo, os nenos e nenas xogaban e practicaban voluntariamente xogos do Magosto. Tanto nos recreos coma no día da celebración, o día 27, contamos coa colaboración do alumnado de 6ºEP. Agradecemos enormemente a súa participación, moitas grazas!.


Xogos nos recreos

Ο xoves 27, despois do recreo, degustamos castañas que trouxeron as familias e asaron a Panadería Román. Despois pasámolo xenial cos xogos do Magosto.






































25N

 Hoxe celebramos o Día internacional contra a violencia de xénero, facendo entre todo o alumnado unhas ás. Baixo o lema "Que non che co...