lunes, 27 de febrero de 2023

Rosalía de Castro-Galicia Meiga

Durante estas dúas semanas traballamos a figura de Rosalía de Castro dentro do marco da PDI "Galicia Meiga" e dende todos os equipos do centro:

  • Decoramos os corredores ilustrando a nosa benquerida escritora.



  • Facemos uns marcapáxinas ben chulos, enmarcados a dinámica"Agasalla un poema". Cada neno decorou un marcapáxinas e agasallouno a un compañeiro con un poema de Rosalía de Castro.



  • Traballamos dende o equipo de Biblioteca Creativa e os escornabots buscando os versos de Rosalía.







     Tamén se propuxeron talleres na biblio para os momentos de reccreo...


  • Estamos, dende o equipo de Patios, a elaborar un mural na entrada do colexio coa figura desta gran escritora.



  • Dende o equipo TIC todas as mañás nos amenizan as entradas e cambios de clase con música que evoca a Rosalía de Castro.

jueves, 9 de febrero de 2023

lunes, 6 de febrero de 2023

Día da Paz - Galicia Meiga

    


     O 30 de xaneiro conmemórase o Día escolar da paz e a non violencia.

    Este curso, no que estamos inmersas/os no PDI Galicia Meiga, o tema elixido é “Migrantes”, partindo da emigración galega para afondar neste fenómeno nun contexto global.

     Dende o equipo da biblioteca fannos unhas recomendacións lectoras moi interesantes que aquí podemos ver neste enlace:

Blogue biblioteca

        Ademáis disto, dende o equipo de Patios propóñennos unha actividade moi interesante cunha exposición fotográfica que nos da xogo para pensar e falar do tema "Migrantes" no que se traballou dende o particular ao global: a emigración galega. Na exposición fotográfica (3 fotografías) que corresponden a épocas diferentes. Son imaxes icónicas da emigración en tres continentes e en tres épocas moi diferentes.

A CORUÑA-ANO 1957




FRONTEIRA ESPAÑA-MARROCOS ANO 2014 



México, cerca da fronteira USA - Ano 2021 


      Para culminar no corredor da biblioteca puxéronse siluetas de andoriñas (ave migratoria  moi presente en Galicia) para que o alumno puidera escribir as súas impresións despois da observación reflexiva das fotos.


       A actividade resultou moi enriquecedora.

sábado, 4 de febrero de 2023

O ENTROIDO GALEGO-GALICIA MEIGA

    Para comezar este mes de febreiro en que xa estamos cos preparativos do entroido...aquí temos un  valioso e interesante traballo sobre o Entroido Galego  que atopamos  nun blogue do CRA de Bergondo.

O ENTROIDO GALEGO

     Neste mes de febreiro do 2023, e uníndoo ao noso proxecto de centro GALICIA MEIGA, achegarémonos ao entroido galego coñecendo as persoaxes máis importantes e os entroidos mais representativos de Galicia:


OURENSE





A CORUÑA-PONTEVEDRA


E para finalizar este post aquí vos deixamos un arquivo de turismo (que aínda que está en castelán) pode ser moi interesante con respecto ao entroido na nosa comunidade...

TEATRO

 O alumnado disfrutou moito coa obra de teatro "A illa sen tesouro" da compañía Ghazafelhos. Unha aventura de piratas con música, ...