lunes, 27 de febrero de 2023

Rosalía de Castro-Galicia Meiga

Durante estas dúas semanas traballamos a figura de Rosalía de Castro dentro do marco da PDI "Galicia Meiga" e dende todos os equipos do centro:

  • Decoramos os corredores ilustrando a nosa benquerida escritora.



  • Facemos uns marcapáxinas ben chulos, enmarcados a dinámica"Agasalla un poema". Cada neno decorou un marcapáxinas e agasallouno a un compañeiro con un poema de Rosalía de Castro.



  • Traballamos dende o equipo de Biblioteca Creativa e os escornabots buscando os versos de Rosalía.







     Tamén se propuxeron talleres na biblio para os momentos de reccreo...


  • Estamos, dende o equipo de Patios, a elaborar un mural na entrada do colexio coa figura desta gran escritora.



  • Dende o equipo TIC todas as mañás nos amenizan as entradas e cambios de clase con música que evoca a Rosalía de Castro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DIA DE ROSALIA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalia de Castro, a nosa benquerida poetisa. Traballamos o poema de Cantares Gallegos "Eu ben vin estar ó mo...