lunes, 6 de febrero de 2023

Día da Paz - Galicia Meiga

    


     O 30 de xaneiro conmemórase o Día escolar da paz e a non violencia.

    Este curso, no que estamos inmersas/os no PDI Galicia Meiga, o tema elixido é “Migrantes”, partindo da emigración galega para afondar neste fenómeno nun contexto global.

     Dende o equipo da biblioteca fannos unhas recomendacións lectoras moi interesantes que aquí podemos ver neste enlace:

Blogue biblioteca

        Ademáis disto, dende o equipo de Patios propóñennos unha actividade moi interesante cunha exposición fotográfica que nos da xogo para pensar e falar do tema "Migrantes" no que se traballou dende o particular ao global: a emigración galega. Na exposición fotográfica (3 fotografías) que corresponden a épocas diferentes. Son imaxes icónicas da emigración en tres continentes e en tres épocas moi diferentes.

A CORUÑA-ANO 1957




FRONTEIRA ESPAÑA-MARROCOS ANO 2014 



México, cerca da fronteira USA - Ano 2021 


      Para culminar no corredor da biblioteca puxéronse siluetas de andoriñas (ave migratoria  moi presente en Galicia) para que o alumno puidera escribir as súas impresións despois da observación reflexiva das fotos.


       A actividade resultou moi enriquecedora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VÍDEO SAMAÍN E MAGOSTO