jueves, 5 de marzo de 2026

DÍA DE ROSALÍA

 Para festexar o Día de Rosalía durante a semana do 23 de febreiro realizamos un concurso de poesía titulado "Rabadeira con Rosalía". Anunciose polas aulas, por cartelería e na casa. Moitas gracias pola colaboración.



O concurso tivo moito éxito con 49 participantes. O venres pola radio Rabadeira anunciaron os gañadores por niveis, 14 gañadores. O luns 3 nenos/as de 6º  entrevistaron a algúns pola radio. Todos/as recibiron un pequeno agasallo e os gañadores recibirán unha medalla de Rosalía o día das letras galegas, onde volverán a recitar.








Outra actividade foi versionar o poema "Adiós ríos, adiós fontes", cada aula versionou unha estrofa acompañándoo dun debuxo. O libro encadernouse e quedou na biblioteca para uso de todos/as.



DÍA DE ROSALÍA

 Para festexar o Día de Rosalía durante a semana do 23 de febreiro realizamos un concurso de poesía titulado "Rabadeira con Rosalía...