viernes, 17 de junio de 2022

Revista Sementeira 34 curso 2021/2022

Exposición "Con M de Mar"

      Os últimos días de curso todo o alumnado do centro preparou unha fantástica exposición dos traballos realizados polas diferentes aulas e cursos do CEIP Rabadeira ao longo de todo o curso en relación co proxecto "Con M de Mar". Esta exposición será o luns 20 de xuño de 12:20 a 13:45 na nosa biblioteca para as familias. Como mostra, para que vos vaian entrando gañas de ver as nosas boas prácticas:

martes, 31 de mayo de 2022

Celebramos o día das Letras Galegas bailando...

 O día das Letras Galegas fixemos unha especial homenaxe tanto en infantil coma en primaria bailando a ritmo das Tanxugueiras... esperamos disfrutedes do baile tanto coma nós:


Baile de Educación Infantil:


Baile de Educación Primaria:



lunes, 9 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022-Florencio Manuel Delgado Gurriarán

Este ano con motivo das Letras Galegas homenaxeamos a Florencio Delgado. 

Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns. Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas. Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras. Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego. Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas. 

Velaquí unhas ligazóns para saber e traballar este personaxe tan importante na nosa lingua e literatura. 

lunes, 20 de diciembre de 2021

Bo Nadal!

 O CEIP Plurilingüe da Rabadeira deséxavos un moi Bo Nadal e os mellores desexos para o vindeiro ano 2022.







O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026: Begoña Caamaño

  Este ano a homenaxeada o Días das Letras Galegas é a viguesa Begoña Caamaño. Foi xornalista e traballou na Radio Galega moitos anos. Mulle...