domingo, 5 de mayo de 2019

RETALLOS ESTAMPADOS: LUÍS SEOANE


     A persoa homenaxeada no Día das Artes Galegas no 2019 é o polifacético Luís Seoane, polo que os nenos e nenas de 2º de Primaria fixemos este obradoiro artístico e lúdico a través do que fixemos un percorrido pola súa obra plástica, principalmente polos debuxos, pinturas, ilustracións, deseños e gravados.







Traballamos a súa vinculación coa literatura tanto como autor, como deseñador de portadas e ilustrador, sen esquecer o seu compromiso cultural, social e político con Galicia.
 Para rematar experimentamos coa técnica de estampación poñendonos na súa pel como artistas totais, creando e innovando nun particular laboratorio de formas e cores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PREMIO LITERARIO

 No concurso literario "Descubrindo Oleiros" gañou o noso alumno de 4º EP, Pedro Vilela, cun relato ambientado en Oleiros escrito ...