Hoxe no cole tivemos unha exhibición da buxaina con todo o alumnado do cole. Dende o departamento de Educación Física conctactaron on Omar Pule, mexicano campeón internacional de trompos. Foi un momento de convivencia interxeracional a través dos xogos populares, como o da buxaina ou peón.
Ademáis disto invitamos á rapazada a que nos recreos traia as súas buxainas para xogar e poder poñer en valor ese xogo tradicional que nunca pasa de moda. Para ter máis presenza deste xogo tradicional no centro, na entrada da biblioteca tamén tivemos unha exposición de buxainas de moitos tipos...habíaas ben curiosas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario