lunes, 18 de mayo de 2026

DÍA DAS LETRAS GALEGAS E MAIOS

 O venres o noso colexio encheuse de música, tradición e lingua, nunha xornada única para festexar os Maios e o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Begoña Caamaño. O pavillón vibrou cos ritmos do acordeón, a gaita e as pandeiretas. O alumnado danzou e cantou coplas creadas por eles mesmos. O momento estelar foi a Danza das Fitas, onde trenzaron os lazos de cores simbolizando a benvida da primaveira. Para rematar, unha mamá dun neno de infantil, Ana Cibreiro, deleitounos coa súa música galega e o alumnado de sexto a entrevistaron na radio. 



Tamén nos acompañaron usuarios da Residencia de maiores de Oleiros, poñendo flores no maio e cantando  cancións como "Amoriños collín"

e o "Himno galego".











 Grazas a toda a comunidade educativa pola súa colaboración e por esta xornada inesquecible onde demostramos que a nosa lingua e as nosas tradicións seguen máis vivas que nunca.














No hay comentarios:

Publicar un comentario

Concerto de pais

 A semana pasada, tres pais de alumnos de educación infantil do cole, nos acompañaron nunha xornada chea de música. Coa guitarra, o caixón d...