miércoles, 15 de mayo de 2024

PREMIO LITERARIO

 Parabéns a Pedro Vilela Quintela ( 3º EP) polo accésit no X Premio Literario Descubrindo Oleiros co relato "A buxaina viaxeira"


A buxaina viaxeira

Había unha vez unha buxaina que vivía no caixón dosxoguetes dun neno dunha familia rica.

Este neno vivía no Pazo de Fontes, en Iñás, e todas as semanas lle daban un agasallo novo que á semana seguinte ía rematar ao mesmo caixón onde estaba a pobre buxaina.

Un día, esta, xa farta de que ninguén a fixese bailar, decidiu saír do seu cain a coñecer mundo.

Saltou pola fiestra da habitación, atravesou as leiras de Morzán que arrodeaban a casa, meteuse polo camo do Faro e adentrouse no monte. Camiñou e camiñou ata cansarse, durmiu ao raso, pasou moito frío e moito medo con extranos ruídos de animais salvaxes. Pola noite mollouse baixo a choiva e esvarou caendo por un barranco ata a beira do regato de San Pedro.

Outro día, un home que estaba pescando troitas para levarlle algo de comer á súa familia, pasou pola beira do regato e sorprendeuse ao pisar algo puntiagudo que lle mancaba o . Era a punta da buxaina!!!! O pescador colleu o xoguete e levoullo ao seu fillo que se puxo moi, moi contento ao recibilo.

O neno limpou a buxaina e sacoulle brillo ata que volveron a relucir as súas cores, sacou un cordón dun zapato vello e con el puxo a bailar a buxaina que agora xiraba e xiraba feliz e orgullosa.

Desde entón a buxaina vivía feliz no peto deste neno que todos os días a sacaba a bailar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Revista Sementeira 2023-24