martes, 21 de mayo de 2024

XORNADA DE CONVIVENCIA

 Fermosa xornada de convivencia cos usuarios e usuarias da Residencia de Maiores de Oleiros, na celebración do día das Letras Galegas.

Comezamos cun obradoiro de herbas aromáticas, acompañados/as con nenos e nenas de 2ºEP.





Non faltaron os xogos populares, acompañados/as con nenos e nenas de 3ºEP.


Tamén cantaron as pandeireteiras Laura, Alejandra, Noa e María.

 Non faltou o  Himno Galego.


Para rematar os nenos e nenas de 5º EP entrevistaron aos convidados/as sobre a súa xuventude.


Un día marabilloso que repetiremos sen dúbida. Grazas por vir!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Revista Sementeira 2023-24